Un peso por tiSubido por fucoxabier no blog fucoxabier
|
|||
|
|||
|
Ligazón: |
|||
|
Embeber: |
|||
| Letra: Un peso por ti Deitaste de madrugada, chegas tarde ó teu porvir, e falando cos demais aínda te estraña que ninguén da un peso por ti. Seica xoga-las túas cartas, que o destino eche así, que pos todo da túa parte pero estás falto de arte pra poderes sobrevivir. Só en instantes fuxitivos achas forza pra seguir. Mira as cousas doutro xeito. Non digo chegar ó teito desta sociedade humana, pero si manter as ganas e vivir a vida que elixas vivir. A sorte non te acompaña, o teu ceo vólvese gris. Quero que teñas presente, meu, que nada, nada é pra sempre, sempre así. Cadaquén busca o seu sitio e pelexa por subir. Pra ser xente de proveito hai que se esquecer do feito e loitar con toda a alma, e nunca perder a calma, e saber que se pode conseguir. Só en instantes fuxitivos achas forza pra seguir. Mira as cousas doutro xeito. Non digo chegar ó teito desta sociedade humana, pero si manter as ganas e vivir a vida que elixas vivir. |
|||
Deixa o teu comentario |

